martes, xaneiro 12

Violencia Explícita III


Alzábase, o outeiro daquil bosque de castiñeiros e carballos centenarios, rompendo as liñas horizontais do azul rosado do amencer. As nubes propoñían sombras danzantes que enmarcaban a divindade. Entre xestas, apartando cerimoniosamente as ramas da cosificación do Pan, ¾deus grego, pai do pánico¾, entraba a sacerdotisa, a muller elixida para levares a cabo a cerimonia do sacrificio ao elevado Deus descoñecido, ou á Nada. E alí atopouse a este outeiro perfecto. O lugar escollido pola luz dourada daquela madrugada.

Nese intre, entregáronlle á vítima, o famoso Yakiri; o maior sacrificio feito por isa familia a seu Deus. O vermello entrou no páramo. Coa pel queimada e a mirada altiva, o home permanecía de xeonllos entre carballos e castiñeiros cun pulcro kimono branco¾ símbolo da pureza, símbolo da virxe divindade ansiosa de morte¾.

Dous altos anxos limpos e roibos, empezaron a sacrificar a paisaxe cortando e queimando aquelas árbores vellas e arbustos quedos. Mais, o outeiro en círculo impenetrable, permanecía con luz dourada subxacente do ceo agora profundamente azul. Nin as lapas nin o laranxa apenas rozaban a súa atmosfera esférica.

Entre tanto, a sacerdotisa de maneira  solemne, con movementos depurados de xestos innecesarios e coa elegancia como símbolo, comezou a espir o impasible corpo do sacrificado. 

O kimono debía permanecer branco.

Resgou como unha tela a Yakiri, trazando unha liña perfecta do esterno á pelve do home. A ferramenta: un coitelo. Ante os ollos chorosos da vítima, ela empezou a sacar as moradas entrañas do sacrificado, sentindo o calor húmido escorregándose entre as súas maus. Tras baleirar o corpo e ceibar os órganos internos de Yakiri, a muller limpou o cadáver de calquera rastro de corporalidade ou vida. Deixou o corpo, de xeito impoluto, violeta. Vestiuno docemente e tras pechar con parsimonia o kimono, colocou coidadosamente as mangas do traxe branco aprisionadas baixo os xeonllos do sacrificado; o corpo sobre as mesmas permanecía.

Unha imaxe gloriosa:

O sol alto iluminando o outeiro verde entre gris, agora rodeado de estacas. Todo presidido por aquel sacrificio suplicante vestido de puro branco.


Alicia Piñeiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario