luns, agosto 24

Catástrofe.

Entrou naquela tenda e preguntou.

-Unha sombra por favor?
-Escolla a mellor cabaleiro!
-Uuuuum…quería….unha…de carballo!
-Aaah….sintollo extinguíronse a semana pasada….pódolle ofrecer outra?
-Si claro,que ten por aí?
-Ben…temos unha magnífica sombra de eucaliptus ou unha de pinus pinaster…son cativos pero chegan a dar unha boa sombra.
-E de castinheiro non lles quedan?
-Non , sinto xa non exsisten.
-Ben…enton nada!

Vítor Manuel García Pinheiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario