domingo, agosto 30

Violencia implícita (I)

Bosquexo de Iván Tiago
-Fuches ti, oh?



- O que, Yakiri?



(dá un puño á barra) Oe, barman, aprendiz de tal, ou o que sexa que é a túa profesión, ao que te dediques, que tanto me ten, mequetrefe! Non entendo ben que carallo che picou para que ahora me empeces a chamar Yakiri, tanto me ten...Tanto me ten a túa capacidade mental, ou os insospeitados camiños polos que che leva esa imaxinación túa, puro produto de narcóticos. Mira (cuspe), dáme ata igual que me chames Yakiri. Dime só, fuches ti?



-(Voz nerviosa, titubea) Non sei... deume a sensación de que vostede era xaponés...o sake, máis o dragón/peixe que sae do seu sombreiro, ou gorro, ou chapeau...Pensei que eras xaponés, un xaponés moi vello co nariz especialmente grande, pero xaponés.

- Mira Jazzmine, desculpa que non te chame Charlotte. Estou ben farto! (érguese e apunta co dedo ao lector)





- Mira, será millor que sentes, señor. Que queres?

-Quero que me respondas...dime, dime se fuches ti, muller, a que decidiu poñerme un sake de merda, o peor sake que se atopa no mundo...un sake fucsia..fucsia!!!! Dende cando o sake é fucsia? Dime Margorie, ou Gracielle, ou Claire..fuches ti quen decidiu poñerme un mal sake antes de morrer? Antes de matarme, de arrincarme a vesícula? 

-Ti sabías no que te metías, Siracusa. Sabíalo, no momento no que me desafiaches, no momento no que decidiches encargarme o teu último desexo, a túa morte, o teu ser...Escolliches a persoa que máis odio te alberga para escoller teu último sake, meu. Escolliches traizoarme a min.


-Non esperaba menos de ti, (Manola, francisca, pepa...?)

 Alicia Piñeiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario