xoves, setembro 17

Europe

-Día 10


Europe. Europe. Promise land, they say.

                                Mais, eiquí estou, no paraíso. Estou na Promise Land, no paraíso, 
                                   na maldita promise land- morto de frío e fame.

Fai frío no paraíso.
Non saben facer pan no paraíso.
Non saben facer té no paraíso.
Non saben nin ser, no paraíso.

So saben ter coches.
So saben mirar a vida tras un smartphone.
Non saben vivir a música, nin a comida, nin o paraíso.

Non viven o presente no paraíso. 
Pasan momentos posteriores (re)memorando momentos previos que non viviron por tentar posuír o tempo.
Non viven o futuro no paraíso.

Que bonito amencer vin onte! Din mañá

Falan do deleite para constancia de todos menos para a súa propia. Non disfrutan no paraíso.


                                                                       Non me ven no paraíso

Tirado horas e nin me senten, todas as TV teñen conta de min.  Van a casa, e diante dos seus sofás, alí estou.

Axuda! Berro desesperado, desgarrando, intentando quebrar o limbo no que flotan, no que eu xa  afoguei.

HELP!

Non escoitan no paraíso.
Miran pra outro lado no paraíso.



Alicia Piñeiro





Ningún comentario:

Publicar un comentario