martes, setembro 1

Santiago


NON saben cara onde tirar

“...é puta pedra”
Mollada
a miúdo de luns
martes
mércores
Eles van camiñando
                                   (pérdense)
non é que se equivoquen nas esquinas das rúas



11944546_873164106100204_944050738_n.jpg
Fotografía de Alba Ortega
porén,
os xoves tralo solpor,
a pedra tira,
baixiño,
das sabas
e eles saen a ver a pouca lus que queda
Falan de foder, de fartarse, de facer o tolo, de fariña.
E volven a casa,
dando voltas,
deixando unha corda de migas de pan
e volven a casa,
dando voltas,
coa esperanza de que alguén tire da corda.
De súpeto,
parece que xa non chove
                              (ata o luns)


“Santiago… é puta pedra”



Xiana Cid

Ningún comentario:

Publicar un comentario