domingo, agosto 30

Violencia implícita (I)

Bosquexo de Iván Tiago
-Fuches ti, oh?



- O que, Yakiri?



(dá un puño á barra) Oe, barman, aprendiz de tal, ou o que sexa que é a túa profesión, ao que te dediques, que tanto me ten, mequetrefe! Non entendo ben que carallo che picou para que ahora me empeces a chamar Yakiri, tanto me ten...Tanto me ten a túa capacidade mental, ou os insospeitados camiños polos que che leva esa imaxinación túa, puro produto de narcóticos. Mira (cuspe), dáme ata igual que me chames Yakiri. Dime só, fuches ti?



-(Voz nerviosa, titubea) Non sei... deume a sensación de que vostede era xaponés...o sake, máis o dragón/peixe que sae do seu sombreiro, ou gorro, ou chapeau...Pensei que eras xaponés, un xaponés moi vello co nariz especialmente grande, pero xaponés.

- Mira Jazzmine, desculpa que non te chame Charlotte. Estou ben farto! (érguese e apunta co dedo ao lector)





- Mira, será millor que sentes, señor. Que queres?

-Quero que me respondas...dime, dime se fuches ti, muller, a que decidiu poñerme un sake de merda, o peor sake que se atopa no mundo...un sake fucsia..fucsia!!!! Dende cando o sake é fucsia? Dime Margorie, ou Gracielle, ou Claire..fuches ti quen decidiu poñerme un mal sake antes de morrer? Antes de matarme, de arrincarme a vesícula? 

-Ti sabías no que te metías, Siracusa. Sabíalo, no momento no que me desafiaches, no momento no que decidiches encargarme o teu último desexo, a túa morte, o teu ser...Escolliches a persoa que máis odio te alberga para escoller teu último sake, meu. Escolliches traizoarme a min.


-Non esperaba menos de ti, (Manola, francisca, pepa...?)

 Alicia Piñeiro

venres, agosto 28

-

Estás en el acantilado, das un paso y te acercas al vértigo, otro paso más y notas el corazón en el pecho.



















Para sentir era necesario el peligro.


Laura Carballo 

luns, agosto 24

Catástrofe.

Entrou naquela tenda e preguntou.

-Unha sombra por favor?
-Escolla a mellor cabaleiro!
-Uuuuum…quería….unha…de carballo!
-Aaah….sintollo extinguíronse a semana pasada….pódolle ofrecer outra?
-Si claro,que ten por aí?
-Ben…temos unha magnífica sombra de eucaliptus ou unha de pinus pinaster…son cativos pero chegan a dar unha boa sombra.
-E de castinheiro non lles quedan?
-Non , sinto xa non exsisten.
-Ben…enton nada!

Vítor Manuel García Pinheiro

domingo, agosto 23

insane

Imaxe de Alba Losada


























Titubeei aquela noite, pensando na nosa creación en pura creatividade.Tremíame o corpo ao escribirche, mentres miraba baleira a botella de viño infestada de restos de hachís.


O estómago encollíaseme apresurado,

como escorregando a sensación de impaciencia,

que descendía, nerviosa,

e chegaba húmida aos meus beizos.



Arrinquei as maus incrédulas

do quente embriagador da desesperación,

e acompasada na túa respiración,

achegueinas á fonte do negro aromático

(tornou en eléctrico)

mentres a túa boca, en puro frenesí, furaba cada poro, cada terminación nerviosa.

Meu corpo, contorsionábase en si mesmo,

[Arqueaba]

en pura beleza en harmonía coa psicose,

outra vez húmida,

outra vez quente


e emanaba, sen control, o negro eléctrico.

sábado, agosto 22

decadencia



Masturbación como el punto álgido del día, a partir de ahí todo es decadencia. Qué patético soy. Sin trabajo, sin metas, sin ella. Con la única expectativa de que mi mano me lleve al orgasmo mediocre, una y otra vez. Quizás si me corro lo suficiente no vea el día de mañana. No vea su hueco en mi cama. No sienta lo frío de las sábanas. Qué bombeo tan mecánico, qué éxtasis tan poco placentero. Debo dormir, pero no puedo. Debo hacer algo, pero no quiero. El dilema de la escoria del vago. Me doy la vuelta. Qué incómoda se ha vuelto esta cama. Me giro para el otro lado. Me aburro. Me tumbo boca abajo. Pienso en ella, en su cuerpo flaco, en las curvas de sus costillas marcadas en su cuerpo. Me tumbo boca arriba. Mi polla se levanta.
Joder, menuda mierda de semana.

SND

luns, agosto 17

Diálogos da circunferencia I





























[Volve atrás, ao fondo do escenario. Espera uns segundos,  e volve adiante,  agora núa, coas unllas vermellas e un círculo no pulso, o círculo reiterativo]

Empezo o monólogo. É un monólogo sen senso, sen pés. Ou si, con pés...Cos pés na cabeza.
Ou un diálogo, o diálogo de Eu e a miña Soidade, neste caso vermella, neste caso é il.

-Por que habitas en min? Non haberá sitios e sitios, sempre te atopo eiquí, no abdome. Entre o fígado e o páncreas.
-Estou quentiño.
-Pero non te das conta do mundo, ise de eí fóra? Estalo a perder. Por que me ocupas? Díxenlle exacerbada.
Non entendía porque a soidade vermella, que no meu caso era il, sempre estaba na miña tripa.
-Hoxe pintaches as unllas.
-Si, vermellas, coma ti...E un círculo no pulso, víchelo?
 Houbo un silencio, e il fíxose aínda máis presente no meu fígado.
-Deixa de facerte sentir! Doésme!
-Oe, por que o círculo?
-Eres capaz de deixar de miralo? Pregunteille inquisitiva.
Silencio, e eu tras il. Rompeuno: Que é o círculo? Tras un momento respondínlle: 
-Estase quentiño eí.
Mudou. E o círculo reiterado.

Alicia Piñeiro

venres, agosto 14

Borrones



Hoy intenté dibujarnos.
Nuestras miradas. 
Nuestros besos 
y nuestras manos entrelazadas.

Me siento frustrada.
No consigo hacerlo perfecto.
El tiempo me ciega.
Mi memoria no quiere volver al pasado.

Con el lápiz trazo líneas rectas y curvas,
esperando captar nuestra historia.
Con la goma borro todo
y empiezo de nuevo.

¿Por qué mis manos son incapaces de recordar el trayecto que tantas veces recorrieron?

Miro el folio y pienso que es irónico.
Dibujo y desdibujo en un papel negro, manchado y arrugado de tantos intentos.
Me río y por fin me doy cuenta. El dibujo es perfecto.

Así somos tú y yo ahora, antes y mañana.
Borrones en un papel negro, manchado y arrugado de tantos intentos.

SND


mércores, agosto 12

INCERTIDUME

vencellas,

v
encellar, que palabra

v-e-n-c-e-l-l-a-r

E eiquí, nin sequera sei se existe.

Así me atopo,
pnesando en fonemas---

nos fonemas dunha palabra que nin sei se existe, e, e, e, e nesa ra

nesa ra vella,
nesa ra vella, verde
nesa ra vella, verde, flaca
nesa ra vella, verde, flaca e xigante

nesa ra bebedora de té

nesa ra que bebía té, tan verde e vella e bella e grande,

ela que cha, scaba a lingua
 mentres me  sinalaba
co seu dedo (ou anca) (?) acusador
e dicía: Perdícheste

                                       "Perdícheste en ti mesmo"



Alicia Piñeiro




martes, agosto 4

Un día en castellano

Fotografía de Ester Silver
Y
volar,
volar...
Lejos de aquí
Rápido, instantáneo
Sentir el frío,
en cada poro,
escama y pluma.




Volver a ser Foucault
Cambiarte a raro,
O la alegría.
El no ser,
No existente,
pero que duele.
Volar, dijimos
Volar solo sin sentirse solo
Sin que ella
Te aplaste
O te arrastre
A tierras de pensamientos
Ya conocidos y desencantados.

Ya derramados.



[Frío
Y Praha ante ti,
Y tú en un banco, kafkiano.
Las hojas de la libreta congeladas
Y tu trazo, confuso
Dudoso, inteligible,
Lleno de fuerza
Motivación
Para comprender
Y aclarar y entender]


Alicia Piñeiro