Abriu os ollos e
quedou cegada momentaneamente polos raios do sol. Atopábase tendida sobre un
monton de follas secas no que parecía un inmenso bosque. O sol filtrábase polas
árbores e os chíos dos paxaros mecían o ceo.
Non tiña nin idea
de onde se atopaba nin era quen de lembrar como chegara alí.
Ergueuse, sentía
algo raro no corpo, coma se unha pequena punzada de dor apoderárase de cada
poro. Foi observando e palpando con coidado a sua pel pero non atopou nada
raro.
Estaba
completamente espida, máis non tiña frio. Unha palabra resoaba con forza na sua
mente: Yakiri. Sería o seu nome? A sua cidade? A sua comida favorita? O seu
lugar preferido do mundo? O nome da persoa máis importante da sua vida?
Decidiu ir na
procura dalgunha sinal que lle dera unha pista de onde se atopaba, pronto ía
oscurecer e non semellaba ser seguro estar perdida en medio da nada. Pero un
momento, non tiña medo.
Non tiña medo,
non tiña presa, non tiña razón algunha para averigar nada polo de agora. O que tiña eran unhas ganas inmensas de nadar polo lago mais cercano, de correr monte
abaixo, de chegar a unha praia e rebozarse pola area, de ver o atardecer
sentada bebendo un chocolate quente, de bucear xunto peces de cores, de voar e
de seguirse perdendo. E despois de todo iso, atoparse e volver a ser Yakiri, se
era como se chamaba, de saber cal era a sua comida favorita e o seu lugar
preferido do mundo, ás suas persoas mais queridas, o por qué do chocolate quente
e a certeza de que o atardecer era o seu momento do día.
O que ela non
sabia e que iste era un ciclo que se repetiria unha e outra vez. Estaba morta,
e o seguiria estando ata que o mundo que se supón o real, deise de ser gris
e mude finalmente a cores e así poder
seguir sufrindo, disfrutando, viaxando, chorando, rindo, amando, sentindo, vivindo.
Perdera ás súas lentes, so queda
esperar e que chegue o día que incoscientemente, sea quen de atopalas. Yakiri.
Ainoa DF