domingo, febreiro 28

Lentes



Abriu os ollos e quedou cegada momentaneamente polos raios do sol. Atopábase tendida sobre un monton de follas secas no que parecía un inmenso bosque. O sol filtrábase polas árbores e os chíos dos paxaros mecían o ceo.

Non tiña nin idea de onde se atopaba nin era quen de lembrar como chegara alí.

Ergueuse, sentía algo raro no corpo, coma se unha pequena punzada de dor apoderárase de cada poro. Foi observando e palpando con coidado a sua pel pero non atopou nada raro.

Estaba completamente espida, máis non tiña  frio. Unha palabra resoaba con forza na sua mente: Yakiri. Sería o seu nome? A sua cidade? A sua comida favorita? O seu lugar preferido do mundo? O nome da persoa máis importante da sua vida?

Decidiu ir na procura dalgunha sinal que lle dera unha pista de onde se atopaba, pronto ía oscurecer e non semellaba ser seguro estar perdida en medio da nada. Pero un momento, non tiña medo.

Non tiña medo, non tiña presa, non tiña razón algunha para averigar nada polo de agora. O que tiña eran unhas ganas inmensas de nadar polo lago mais cercano, de correr monte abaixo, de chegar a unha praia e rebozarse pola area, de ver o atardecer sentada bebendo un chocolate quente, de bucear xunto peces de cores, de voar e de seguirse perdendo. E despois de todo iso, atoparse e volver a ser Yakiri, se era como se chamaba, de saber cal era a sua comida favorita e o seu lugar preferido do mundo, ás suas persoas mais queridas, o por qué do chocolate quente e a certeza de que o atardecer era o seu momento do día.


O que ela non sabia e que iste era un ciclo que se repetiria unha e outra vez. Estaba morta, e o seguiria estando ata que o mundo que se supón o real, deise de ser gris e  mude finalmente a cores e así poder seguir sufrindo, disfrutando, viaxando, chorando, rindo, amando, sentindo, vivindo.  Perdera ás súas lentes, so queda esperar e que chegue o día que incoscientemente, sea quen de atopalas. Yakiri.


Ainoa DF

martes, xaneiro 12

Violencia Explícita III


Alzábase, o outeiro daquil bosque de castiñeiros e carballos centenarios, rompendo as liñas horizontais do azul rosado do amencer. As nubes propoñían sombras danzantes que enmarcaban a divindade. Entre xestas, apartando cerimoniosamente as ramas da cosificación do Pan, ¾deus grego, pai do pánico¾, entraba a sacerdotisa, a muller elixida para levares a cabo a cerimonia do sacrificio ao elevado Deus descoñecido, ou á Nada. E alí atopouse a este outeiro perfecto. O lugar escollido pola luz dourada daquela madrugada.

Nese intre, entregáronlle á vítima, o famoso Yakiri; o maior sacrificio feito por isa familia a seu Deus. O vermello entrou no páramo. Coa pel queimada e a mirada altiva, o home permanecía de xeonllos entre carballos e castiñeiros cun pulcro kimono branco¾ símbolo da pureza, símbolo da virxe divindade ansiosa de morte¾.

Dous altos anxos limpos e roibos, empezaron a sacrificar a paisaxe cortando e queimando aquelas árbores vellas e arbustos quedos. Mais, o outeiro en círculo impenetrable, permanecía con luz dourada subxacente do ceo agora profundamente azul. Nin as lapas nin o laranxa apenas rozaban a súa atmosfera esférica.

Entre tanto, a sacerdotisa de maneira  solemne, con movementos depurados de xestos innecesarios e coa elegancia como símbolo, comezou a espir o impasible corpo do sacrificado. 

O kimono debía permanecer branco.

Resgou como unha tela a Yakiri, trazando unha liña perfecta do esterno á pelve do home. A ferramenta: un coitelo. Ante os ollos chorosos da vítima, ela empezou a sacar as moradas entrañas do sacrificado, sentindo o calor húmido escorregándose entre as súas maus. Tras baleirar o corpo e ceibar os órganos internos de Yakiri, a muller limpou o cadáver de calquera rastro de corporalidade ou vida. Deixou o corpo, de xeito impoluto, violeta. Vestiuno docemente e tras pechar con parsimonia o kimono, colocou coidadosamente as mangas do traxe branco aprisionadas baixo os xeonllos do sacrificado; o corpo sobre as mesmas permanecía.

Unha imaxe gloriosa:

O sol alto iluminando o outeiro verde entre gris, agora rodeado de estacas. Todo presidido por aquel sacrificio suplicante vestido de puro branco.


Alicia Piñeiro

domingo, xaneiro 3

agridulce



Una felicidad que trae cierta tristeza consigo, pero que te cura el corazón. No lo entiendes del todo, pero en ese momento tiene todo el sentido del mundo. Esa libertad. El olor de la aventura. La adrenalina de dejarlo todo atrás. El frío te quema los pulmones, pero solo puedes reír con los ojos húmedos de melancolía. Correr sin ningún destino, sin ninguna preocupación. No sabes donde estás, pero de pronto ya no estás perdido. Ya no hay más miedo ni incertidumbre. Esa libertad.

Pero te montas en el coche y marchas de vuelta. Vuelves a sentir el calor y la comodidad, pero ya no hay más adrenalina, ya no corres, ya no te sientes despreocupado. ¿Qué hora es? ¿Cuánta gasolina me queda? ¿Qué habrá de cena? ¿Qué haré mañana? Lo que viviste cada vez se parece más a un espejismo. Los kilómetros te pesan lo que no te había pesado el abrigo y la radio no te cuenta nada que quieras saber, pero la escuchas y asientes. Recorres el mismo camino que pisaste con tus pies, pero ya no hay rastro de esa felicidad que trae cierta tristeza consigo.

SND